Vivimos nun lugar extraordinario.
Vivimos nun planeta que se está esgotando. Un planeta que ESTAMOS esgotando.
As campañas de ofertas das grandes cadeas, coma o BLACK FRIDAY, promoven un consumo irresponsable que afoga ao COMERCIO LOCAL.
Que é Muros Consume Consciente?
Muros Consumo Consciente é unha campaña de sensibilización e concienciación sobre o consumo consciente e responsable.
Un movemento que xurde no pobo e que inspire a outros a unirse.
Muros Consume Consciente é unha campaña promovida polo Concello de Muros, conta coa colaboración dun grupo de axentes locais comprometidos e a participación de toda a Comunidade.
Finalmente, Muros Consume Consciente é a primeira das accións de sensibilización dentro dun marco de referencia baixo a marca Muros Consciente
Obxectivos Muros Consume Consciente
O obxectivo principal de esta primeira campaña é concienciar e sensibilizar sobre o consumo responsable.
Existen 3 escalas ou pilares fundamentais de impacto desta campaña de sensibilización.
A primeira sería a participación, a implicación persoal, a conexión coas persoas.
Segundo, a escala de comunidade, o apoio aos máis cercanos, ao comercio local.
Por último o respecto e defensa do ecosistema planetario do
que formamos parte.
PROGRAMACIÓN
Eixos de acción
Artísticas
Contemplan a elaboración de varias instalacións artísticas tanto a escala urbana como de obras elaboradas polos coles a expoñer no Cine París.
Socio-educativas
Nas que se leva a cabo un novo roteiro deseñado pola asociación Auga e Sal, prográmase unha mesa de emprendemento sostible e o evento no Cine París.
Promoción económica
Inclúe o traballo elaborado co
comercio local que finaliza cunha mesa de participación sobre comercio local.
Comunicación
Clave nesta campaña para difundir a mensaxe de sensibilización sobre o consumo consciente.
ACCIÓNS ARTÍSTICAS
Para o deseño das distintas intervencións artísticas de carácter urbano decidiuse utilizar unha técnica sinxela. Neste caso elixiuse o Tape Art ou a Arte do Cinta se buscamos unha tradución.
Esta técnica, utilizada principalmente en instalacións urbanas, utiliza a cinta de carroceiro como tinta e a superficie das fachadas coma lenzo.
As cores utilizadas viñeron definidas pola dispoñibilidade de cores, que eran un total de 6: amarelo, laranxa, vermello, azul, verde e rosa.
Nalgunhas das accións, foise un chisco máis aló e identificouse cada cor cun lema da campaña, como é o caso do vídeo manifesto ou a páxina web.
Amarelo: Consume o que realmente precisas.
Verde: Reutiliza, repara, recicla
Azul: Consume local, consume de tempada.
Vermello: Elixe produtos de calidade e duradeiros
Laranxa: Consume informado. Investiga a procedencia e os impactos sociais e ambientais do que mercas.
Rosa: Difunde, comparte o teu coñecemento e fomenta as prácticas responsables.
Baixos en loito:
Esta acción artística consistía en “vestir” os locais comerciais sen uso de cor negro, como simboloxía da pouca vitalidade do comercio local polas dificultades económicas, de emprendemento, dinamismo, etc.
O proceso para acceder aos locais foi o seguinte:
1. Traballo de campo para inspeccionar baixos pechados con posibilidade de actuación.
2. Contacto directamente cos propietarios, axencias inmobiliarias ou contactos secundarios.
3. Información e coordinación cos propietarios acerca da campaña e o uso do local.
Esta acción limitábase a cubrir os vidros dos escaparates con papel negro como primeira fase dunha intervención que se complementaría posteriormente: “Poñémoslle cor”
Poñémoslle cor:
Intervense sobre os escaparates en cor con cintas de cores, –tape art– creando motivos e creatividades variadas, a libre elección dos artistas.
O significado é darlle apoio e visibilidade aos comerciantes cos baixos pechados.
Foi un proceso de participación aberto á comunidade educativa, asociacións e colectivos, coordinado e sufragado pola campaña, e que tivo lugar entre o sábado 18 e o luns 27 de Novembro.
Como resultado interveuse en 16 locais, distribuídos en diferentes localizacións do Concello de Muros:
Elaborouse un mapa dixital (Google Maps) onde se ten acceso a:
— Localización de todas as instalacións artísticas;
— Identificación do colectivo involucrado na creación;
— Fotos co resultado final.
,
Exposición de obras:
DECISIÓN TÚA: Obra creada polo CEIP Ricardo Tobío en colaboración con artistas Alicia e Sven coñecidos como Alivavá. Actualmente a obra atópase no centro educativo.
Cada unha e cada un en cada momento da súa vida ten que tomar a decisión de participar no consumismo dun sistema capitalista onde só conta o desfrute a corto prazo, o derroche, o egoísmo. Ou polo contrario, se inclina e decide respectar e coidar os veciños, os animais, o planeta – a vida en xeral.
TECENDO CON CREBAS: Tapiz creado polo CEIP Plurilingüe de Louro en colaboración coa artista María Candamo de Lixo Atelier.
Actualmente a obra atópase no centro educativo.
Teares artesanais tecidos con residuos pesqueiros recollidos nas praias de Louro.
CRIATURAS DO OUTRO LADO: Obra creada polo CEIP Plurilingüe
de Louro en colaboración coa artista Seyya do estudio Marakava.
Actualmente a obra atópase no centro educativo.
Elaborados a partir de tesouros descartados desenterrados nas praias de Louro, estes restos da presenza humana convértense nunha arte mediante a técnica do papel maché e a imaxinación.
EN MUROS POÑÉMOSLLE COR AO VENRES NEGRO: Mural creado polo CEIP Ramón Artaza en Malvárez en colaboración coa artista Alba Muros para a creación do vídeo lanzamento da campaña. Actualmente instalado no centro educativo.
Obradoiros nos centros educativos
Ademais das obras anteriores, os colexios participaron cunha serie de propostas moi interesantes ideadas polos alumnos que comparten a mensaxe dun consumo máis responsable.
A Peque Horta – Escola Infantil Muros.
O alumnado máis cativo ensináronnos a súa horta, onde cultivan os seus propios alimentos.
Residuos Cero – CEIP Plurilingüe de Louro
Unha proposta de Teacher’s for Future, amosáronnos as pautas para os aperitivos sen residuos.
Construímos os nosos xogos – CEIP Plurilingüe de Louro
3 distintas propostas de xogos utilizando programación
informática creado polo alumnado.
– Limpeza de praia – Microplásticos
– Operando – Microplásticos
– Unha canastra polo comercio local
As cuadrillas verdes – CEIP Ramón Artaza e Malvárez
Iniciativa na que o propio alumnado se encarga da limpeza do patio nos recreos.
Xoguetes de refugallo – CEIP Ramón Artaza e Malvárez
Xoguetes moi divertidos creados reutilizando refullago
Exposición de obras no Cine París
1 – Decisión túa
2 – Xogos de refugallo
3 – Residuos cero
4 – A Peque Horta
5 – As Cuadrillas Verdes
6 – Construímos os nosos xogos
7 – Criaturas do outro lado
8 – Tecendo con crebas
9 – Mural participativo
10 – Mural “En Muros poñémoslle cor ao venres negro
11 – Proxectos alumnos Bacharelato
Mural participativo
Ademais das obras dos distintos artistas e centros educativos, o Cine París acolleu na súa sala un enorme taboleiro en branco sobre o que o público puido deixar reflexións e mensaxes sobre as actividades da campaña.
Un mural conxunto que recolleu inquedanzas, ideas e soños nunha mensaxe colectiva por un consumo responsable.
ACCIÓNS SOCIO - EDUCATIVAS
Actividades nos colexios:
CEIP Ramón de Artaza e Malvárez. – Data: 03 .11.2023
Obra. Mural Manifesto. En Muros Poñémoslle cor ao venres negro.
Artista. Alba Muros
–
O alumnado da clase de 5A estivo conversando sobre as distintas prácticas de consumo responsable que recoñecen como hábitos seus ou noutras persoas.
De xeito conxunto estivo poñendo cor a un gran mural negro coas letras de Muros. Utilizáronse as mesmas cintas de carroceiro de cores utilizadas nas instalacións urbanas de Tape Art.
CEIP Louro. – Data: 14 .11.2023
Obra. Tecendo con crebas
Artista. Lixo Atelier.
–
O alumnado do centro foi o encargado de tecer estes teares, que xuntos formaron un gran tapiz, cada un dos pequenos anacos foi rotado polas mans de varios alumnos, para ter unha obra realmente conxunta. Primeiro presentamos os materiais cos que iamos a traballar: teares artesanais e “crebas” (residuos que se recollen nas praias ós que se lle da unha segunda vida)
Tecendo con crebas é un proxecto de concienciación do que saíu unha obra feita con cabos recollidos nas praias de Louro, feita polos nenos desta aldea.
CEIP Ricardo Tobío.- Data: 16 .11.2023
Obra. Decisión túa
Artista. Alivavá.
–
O alumnado do CEP Ricardo Tobío en Esteiro expresou con inspiración e creatividade o que se imaxina nos dous mundos:
nun planeta gris, escuro, contaminado, sobre explotado,….ou nun mundo sostible alegre, cheo de cores e vivo.
Todo elaborado con lixo mariño recollido nas costas da contorna.
Emprendemento sostible
Obradoiro de emprendemento sostible
Unha das liñas de acción desta campaña de sensibilización é o emprendemento sostible. Precisamos empresas responsables que faciliten o consumo responsable.
Este obradoiro tivo lugar no Espazo A Maceta o 9 de Novembro e acudiron a cita os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Fontexería.
Durante a actividade, ademais de coñecer o emprendemento da Maceta, falamos sobre a motivación e o talento das rapazas e rapaces para rematar traballando sobre as verbas de sostible, emprender e innovación.
Mesa de emprendemento sostible.
Dentro da programación do cine París, as 11:00 horas do 24 de Novembro organizouse esta mesa de emprendemento sostible, no que os participantes puideron coñecer de primeira man 3 empresas sostible que forman parte do ecosistema emprendedor do concello de Muros.
A esta cita, ademais de acudir o alumnado 1º de Bacharelato do
IES Fontexería, foi un espazo aberto ao público en xeral.
Poñentes:
Manola Martínez – Miceltia
Mº Carmen Sánchez – Galuriña
Emilio Louro – Fresco y del Mar
Mediadora: Fátima Rodríguez _ Promove Consultoría
Como parte desta mesa, dous grupos de alumnos presentes tiveron a ocasión de presentar dous proxectos con premios obtidos o ano pasado:
Versuchi Cartella – A estafa.
Un vídeo de sensibilización dos fraudes no comercio dixital.
3º premio en Galicia no concurso Consumópolis do Ministerio de Educación.
Rustic Heat.
Unha plataforma online para artesáns e artistas locais.
1º premio na área téxtil no concurso i-comercio da Xunta de Galicia.
Roteiro: Historias dunha vida circular
O roteiro Historias dunha vida circular foi deseñado e guiado por Montse París – Asociación Auga e Sal.
Neste roteiro búscase identificar e reflectir sobre os vestixios doutro xeito de consumo, as caras do vello comercio, a sostibilidade do Km 0 e a necesidade de volver a pensar…consciente.
O roteiro arranca do antigo gran porto de comercial de Muros e enfía todo o discurso en torno a diferencia entre a economía lineal imperante nos nosos días e a economía circular característica doutra época con recursos máis limitados, a través de varias paradas clave:
— A Xudería- O comercio pechado das rúas Real e Ancha e os escaparates en negro.
— O Mercado de abastos (pasado-presente-ideas para o futuro.)
— O comercio pechado da rúa Axesta ( téxtil) e os escaparates
negros.
— Os oficios, desaparecidos como o latoneiro, ou os que aínda se manteñen, o zapateiro, costureiras, etc, que se centran na reparación, na reutilización, no fomento da economía circular.
— A librería Gallardo como exemplo de resiliencia.
— O espazo A Maceta. Interpretación da cor sobre negro.
reflexión sobre a sostibilidade e o futuro.
O roteiro repetiuse en 5 ocasión nas seguintes datas e grupos:
— Luns 20, 11.00h. 6º curso, CEIP Ramón de Artaza e Malvárez
— Sábado 25, 17.00h. Grupo aberto ao público xeral
— Domingo 26, 11.30h. Grupo aberto ao público xeral
— Martes 28, 10.00h. 1º da ESO, IES As Insuas
— Martes 28, 12.00h. 4º da ESO, IES As Insuas
ACCIÓNS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Enquisa ao comercio local
Como paso inicial ao desenrolo da campaña fíxose unha enquisa no pequeno comercio sobre o impacto da campaña de descontos do Black Friday para determinar se unha campaña de consumo responsable ( Anti-Black Friday) podería ser prexudicial para eles.
Sorprendeu a resposta xeral do impacto negativo que estas campañas están tendo no pequeno comercio e a necesidade de tomar acción para que o comercio siga sobrevivindo nos entornos rurais.
Instalación de badeirolas de apoio e mesa de comercio.
Instalación de bandeirolas de apoio á campaña.
Ademais do loito posto ao comercio pechada, na reunión co comercio propúxose poñer tamén en negro o comercio aberto.
Como sinal de apoio a campaña e para evidenciar aínda más o loito do pequeno comercio repartíronse bandeirolas de cor negro co logo da campaña Muros Consume Consciente.
Mesa de comercio.
Dentro da programación do cine París as 11:00 horas do 24 de
Novembro tivo lugar a mesa de Comercio.
Participou o pequeno comercio local, a moderadora María Lago, Alcaldesa do Concello de Muros, e coma convidada especial, Lucía Castro técnico de comercio do Concello de Santiago.
Lucía compartiu boas prácticas e as principais problemáticas que se atopou nas accións levadas a cabo no concello. Concluíu que no contexto actual do comercio de Muros o máis importante é empezar por pequenas accións que comecen a xerar movemento.
ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN
Identidade e vídeo Manifesto
Identidade
A identidade da campaña xoga cun M reflexado, compoñendo unha trama que evoca un circuíto, un sistema que reflexiona sobre o futuro da comunidade.
A marca desenvolveuse dende a premisa dun proxecto continuista, onde poder formular novas preguntas á comunidade sobre os hábitos e comportamentos que mudaron a nosa forma de interacturar (por exemplo, educación, medio ambiente, turismo, mobilidade, alimentación, etc.)
Para esta ocasión, aplicación de tape-art nas accións de rúa incorporouse na gráfica como un elemento libre mentres que a narrativa da campaña “tinguiu” o M, e o seu reflexo, de negro.
Vídeo Manifesto
O manifesto foi redactado polo equipo de coordinación en colaboración co equipo de comunicación e está dispoñible na páxina web – murosconsciente.org
Para a creación do Mural no manifesto contouse coa colaboración das alumnas e alumnos de 5A de Primaria do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez, coordinados pola artista Alba Muros nunha sesión de concienciación e traballo nos 6 lemas da campaña Cada lema corresponde a unha cor das cintas de carroceiro.
Estas mesmas cintas utilizaranse ao longo da campaña de comunicación e nas intervencións artísticas de carácter urbano.
O mural permanecerá nas instalacións do colexio.
Redes sociais
Para a comunicación da campaña créanse perfiles en dúas redes sociais; Instagram e Facebook, co obxectivo de difundir os obxectivos e accións da campaña, e abrir unha canle de interación coa comunidade.
Instagram – instagram.com/murosconsumeconsciente
Facebook – facebook.com/MurosConsumeConsciente
Presentación previa ao comercio local
30 Outubro 2023, Antiga Fábrica de Sel.
Convocase a o comercio local de Muros, colectivo fundamental nesta campaña, para unha presentación previa das accións eobxectivos do proxecto.
Aproveitase a ocasión para presentar un pequeno análise da enquisa realizada aos comerciantes con motivo do Black Friday e o seu impacto na súa actividade.
Presentación da campaña
17 Novembro 2023, Cine París.
Presentación da campaña a todo o público no Cine París, espazo que acollerá boa parte das actividades desenvoltas.
A campaña en medios de comunicación
A campaña nos medios de comunicación, dixitais e escritos.