A artista ALIVAVÁ a través da recollida de lixo mariño nas praias da Costa da Morte transforma o refugallo en obras artísticas coas que persegue concienciar sobre o problema medioambiental que ameaza o noso planeta.O seu compromiso materialízase a través de obradoiros, charlas, exposicións e intervencións artísticas respetuosas coa contorna e que dan continuidade á sua obra artística.

OBRA

«Muller Salitre»

TÉCNICA

Lixo mariño empregando para a sua transformación esmalte  á auga finalizando con barniz

DESCRIPCIÓN DA OBRA

Esta peza rende homenaxe á muller brava, forte e sensible da Costa da Morte, unha figura esencial que, onte e hoxe, ocupa un papel principal.
É un tributo á súa resiliencia, ao peso que levan con dignidade e á súa capacidade para ser motor e alma da comunidade. Unha dedicatoria a todas esas mulleres que sosteñen o mundo, vai por todas nós.

Ubicación da obra

Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.

O local onde se expón a obra é propiedade de Manuela Caamaño Lago e está dispoñible para o seu aluguer.