A luz que enche os espazos Baleiros. Museo na rúa.

O futuro pode parecer escuro ás veces, especialmente cando pensamos no noso planeta e na enorme desconexión entre os seres humanos e a natureza.
Pero hai luz. Hai esperanza.
A exposición A LUZ QUE  ENCHE OS ESPAZOS BALEIROS, que forma parte das accións da campaña “Muros Consciente 2024, historias dunha vida circular”, convídache a ver a luz no baleiro, na escuridade. E  máis importante ainda,  incítache a ser ti mesmo esa luz!

Deseñada como unha crítica ao problema sistémico actual -un erro de deseño no uso do plástico, a sobreexplotación, o sobreconsumo, a mala xestión dos residuos-, esta exposición reúne a artistas que nos  mostran que non hai unha única solución válida para  todos. Só traballando xuntos,
en harmonía, podemos forxar un futuro máis sostible e  circular.
Convidámoste a pasear e,  mentres exploras as pezas artísticas, facerte preguntas. Que podes facer para construír un mundo mellor? Que podes facer para coidar mellor o planeta? Cal pode ser o teu papel nesta acción colectiva? Como poderías reconectar coa natureza?
Como podes levar a luz ao baleiro?

Artistas

Comprometidas. Creativas. Luz. A súa obra móstranos que non hai unha única solución válida para todas as persoas. Traballando xuntas, en harmonía, podemos forxar un futuro máis sostible e circular.

AMALIA COSTA

ALIVAVÁ

BOSQUEXO VERDE

ENMALLE ESTUDIO

FRECKLESEYE

IDOIA CUESTA

LAURA BOOR

MARÍA DE DINA

XENUINA