BOSQUEXO VERDE é un estudio [bosquexado] no que unha persoa [eu] súmome a outras especializadas en diferentes campos da botánica, arquitectura, deseño, paisaxismo,.. [algo así como colaboracións habituais, esporádicas, espontáneas], con diferentes formas de ver as cousas, de meditalas, de pensalas, debuxalas,… achegando diferentes valores, puntos de vista, coñecementos e personalidade, a cada un dos nosos traballos. Son sinerxías que dan como resultado desde un pequeno xardín ata un gran parque, pasando polo deseño gráfico para un cartel, unha serie de fotografías, un artigo nunha revista, un informe, consultaría técnica, instalacións efémeras, un proxecto de enxeñería, un escaparate,..

OBRA

«Resiliencia Plástica»

TÉCNICA

Paisaxismo Efémero

DESCRIPCIÓN DA OBRA

Escenificación [metafórica] dun panorama aparentemente insán, poñendo o punto de atención sobre como o natural pode salvarnos dos perigos do exceso de consumo de plástico e o seu incorrecto reciclaxe, como única oportunidade de supervivencia.

De que maneira podemos comezar a [re]facer[nos]? Se somos capaces de descubrir que posibilidades nos ofrecen os espazos baleiros, podemos tentar re-nacer sen medo a equivocarnos de novo. Si reflexionamos sobre o impacto humano na natureza, e como ela fai por revertelo, podemos reflexionar tamén no impacto ao comercio local ao non consumir nel, e como este podería devolver a vida ás nosas rúas si se reactivara. O consumismo exacerbado afecta non só ao medio ambiente, senón tamén aos negocios locais. En medio deste contexto, volver ás raíces suporá recuperar a vida nas nosas vilas e cidades.

Ubicación da obra