Enmalle Studio é un espazo de creación artística no que recuperamos redes de pesca en desuso para deseñar tapices decorativos. A través das cores e texturas de esas vellas redes, intentamos crear conciencia sobre a problemática dos plásticos nos océanos. O momento do cambio é agora e cada tapiz pretende mostrar un raio de esperanza cara un mundo máis sostible e amable.
OBRA
«Canide»
TÉCNICA
Tapiz
DESCRIPCIÓN DA OBRA
Creado con redes de pesca recuperadas, cabos en desuso e madeira de deriva, esta obra reflicte un compromiso coa reciclaxe e a sostibilidade.
Cada elemento recollido é transformado con coidado nun tapiz único que simboliza o entrelazado das historias do mar e de quen o habita. A combinación de materiais rústicos e técnicas artesanais outórgalle á peza un carácter orgánico, mentres que a súa estética contemporánea convida a reflexionar sobre a importancia da reutilización e o impacto humano nos ecosistemas mariños.
Unha homenaxe visual ao océano e á súa resiliencia.
Ubicación da obra
Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.