Son fotógrafa de moda, de surf e tamén de vodas, con máis de 10 anos perseguindo momentos que son tan reais como especiais. Gústame a fotografía analóxica, porque ten algo que non se pode controlar de todo, e iso é parte da maxia. Obsesa (un pouquiño) cos cores e os detalles, encántame crear imaxes onde o auténtico se une co estético, sen filtros excesivos nin poses forzadas. O meu traballo é como ver a vida nunha versión que ás veces esquecemos: crúa, colorida e, sobre todo, real.
OBRA
«Memorias sintéticas»
TÉCNICA
Xerado con IA
DESCRIPCIÓN DA OBRA
É unha serie fotográfica que presenta unha visión inquietante dun futuro no que os animais, extinguidos polo impacto da humanidade no planeta, só poden ser vistos en exposicións como réplicas feitas de plástico e materiais sintéticos. A obra busca evocar a perda da natureza tal e como a coñecemos, convertendo estes seres, agora inanimados, en fráxiles recordos dunha vida que unha vez compartiu o planeta connosco.
A través desta exposición ficticia, a obra invita a reflexionar sobre a urxencia de protexer o noso ecosistema e a vida animal antes de que sexa demasiado tarde. A humanidade enfróntase aquí ao seu propio legado de destrución, mostrando como o desleixo ambiental converte o vivo en artificio, deixando ás futuras xeracións con meras representacións do que algunha vez foi natural e auténtico.
Ubicación da obra
Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.
Este local está dispoñible para o seu aluguer.