Idoia Cuesta, creadora téxtil nacida no País Vasco e afincada en Lugo, reinventou a cestería experimentando coa tradición e a innovación na aplicación de técnicas que combinan materiais téxtiles.
Licenciada en Bioloxía, volcouse no mundo da artesanía e da arte téxtil. Motivada por unha profunda curiosidade e un constante afán por explorar as posibilidades expresivas das fibras naturais e recicladas, dedica unha parcela ao cultivo e á investigación de especies de vimbio.
Crea pezas que fusionan funcionalidade e estética, desde instalacións artísticas ata obxectos de decoración e accesorios de moda, explorando sempre as interseccións entre natureza e arte. Destaca o seu labor docente en varias institucións e a súa participación en feiras e exposicións internacionais.
Ao longo da súa carreira, achegou unha nova perspectiva á cestería tradicional mediante o deseño contemporáneo. O seu recoñecemento queda avalado polo Premio Nacional de Artesanía na categoría de «Produto» en 2014 e o Premio de Artesanía de Galicia en 2021.
Son numerosas as súas colaboracións con marcas e deseñadores de diferentes ámbitos. O seu traballo demostra como os oficios poden ser reimaxinados en contextos modernos e como a artesanía téxtil pode transcender a súa función utilitaria para converterse nunha expresión artística.
OBRA
«APERTA»
TÉCNICA
Cestería cordón doble y cordón triple
DESCRIPCIÓN DA OBRA
A obra Aperta é unha exploración sobre o punto de unión entre a tradición e a innovación. Inspirada na cestería tradicional, emprega técnicas ancestrais en formas novidosas e volumes experimentais. Utilízase o nylon como material disruptivo que, grazas ás súas características, achega novas posibilidades visuais e texturas.
O resultado son estruturas dinámicas e orgánicas que evocan formas naturais do fondo mariño. O contraste entre a técnica tradicional e os materiais modernos dá lugar a unha obra que reflexiona sobre a interacción entre o natural e o artificial. Deste xeito, invita ao espectador a mergullarse na súa propia percepción sobre a conexión do humano co natural, ou co espazo, as texturas, as sombras e os volumes.
Tamén está pensada desde un punto de vista pragmático para a súa aplicación como obxectos utilitarios, como esculturas de luz ou de ambiente.
Ubicación da obra
Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.
Este local, propiedade de José Mayo Martínez, está dispoñible para a súa venta ou aluguer
OBRA
«Medusas»
TÉCNICA
Cestería
DESCRIPCIÓN DA OBRA
Esta obra combina técnicas tradicionais de cestería con materiais modernos como o nylon. As pezas destacan polas súas cores fluorescentes que evocan a luminiscencia mariña. A luz e o movemento dotan ás medusas dun carácter etéreo, convidando ao espectador a reflexionar sobre a conexión entre o natural e o artificial, mentres iluminan o espazo cunha beleza singular.
Ubicación da obra
Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.
Este local, propiedade de Manuela Caamaño Lago, está dispoñible para o seu aluguer.