Nacida en Cesuras en 1996, Laura Boor creceu rodeada de arte, explorando dende moi nova a música, a lectura e a pintura. A súa curiosidade polo entorno que a rodea e o interese no benestar das persoas levárona a estudar Educación Social, especializándose en Sostibilidade e Innovación Social. Artista autodidacta, o seu traballo fusiona a súa pasión pola creatividade co seu compromiso co cambio social, empregando a arte como medio de reflexión e transformación.
OBRA
«Proxecto Boor»
TÉCNICA
A técnica empregada na maior parte das pezas é puntillismo con rotulador permanente sobre base de pintura acrílica. A base son boias e flotadores atopados en diferentes praias galegas
DESCRIPCIÓN DA OBRA
Recolle nas praias boias e flotadores que se soltaron de diferentes artes de pesca e quedaron á deriva e con creatividade, cariño e paixón convérteas en pezas únicas de deseño. Todo un proceso baseado na observación e estudo do lixo mariño que comeza baixando acantilados e recorrendo praias en busca deste material para logo lixalo e pintalo a man, un a un, brochazo a brochazo e puntiño a puntiño.
Ubicación da obra
Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.
Este local, propiedade de María Otero Fernández, está dispoñible para o seu aluguer.