Lembro a miña avoa bordando todo tipo de tecidos ao lado da cociña de ferro. Nunha das miñas visitas, algo en min espertou ese desexo de saber máis. Creamos un lazo de unión -con fíos- de 50 anos. Sen bastidor, a man e con dedal, ensinoume as puntadas que ela coñecía. E a partir dese momento, dende fai 6 anos, busquei a maneira de mellorar e poder seguir transmitindo os valores tradicionais de maneira autodidata. Actualmente fagoo a través de obradoiros e manteis personalizados bordados a man. E recientemente deron a Xenuina un espazo en Vogue e en La Voz de Galicia.

OBRA

«Bordando Conciencia»

TÉCNICA

Bordado

DESCRIPCIÓN DA OBRA

Exploro un enfoque innovador utilizando o plástico como lenzo, unha decisión que combina o tradicional co contemporáneo.

Vivimos nunha cultura de usar e tirar. Este menaxe de plástico forma parte do noso día a día e, lamentablemente, a miúdo acaba nos nosos océanos e vertedoiros. Ao bordar sobre eles, procuro cuestionar este comportamento e fomentar unha reflexión sobre a sustentabilidade e a reciclaxe.

Ubicación da obra

Esta obra está dispoñible para a súa adquisición.