Campaña de formación, concienciación e fomento dunha economía circular e uns hábitos de vida sustentables.

Muros Consciente

COMENZAMOS MUROS CONSCIENTE 2024

Este ano 2024, a campaña volve a involucrar a todo o Concello, centrándose en formar e concienciar os valores da economía circular.

Temos preparadas moitas actividades en torno ao obxectivo da campaña, como son:

Un museo nos baixos sen alugar do Concello, obradoiros nos centros educativos e coa hostalaría, roteiro pola Vila, actividades como o ioga, presentacións de proxectos inspiradores e unha gala que terá lugar o vindeiro 29 de novembro, onde se reunirán varias asociacións para celebrar os beneficios que traen ao pobo co seu traballo.

Esperamos a túa participación! entre todas as persoas podemos conseguir un mundo máis sostible! Contamos contigo.

PROGRAMACIÓN

♻️Avance da programación da campaña 2024 de Muros Consciente! ♻️
Aquí vos deixamos un resume das actividades programadas para este ano cheo de creatividade e reflexión. Esperámoste!
📅 26.11 ao 15.12
✨ «A luz que enche os espazos baleiros»
Exposición artística de nove artistas galegas en varias localizacións.
📅 26.11 ao 01.12
🌍 «Muros, dos nosos recursos ao futuro»
Un roteiro para descubrir os tesouros de Muros.
📅 20.11
💬 «Microfaladoiro»
Conecta coa comunidade e valora o traballo das asociacións locais no Mercado de Muros.
🕘 21:00 – 00:00
📅 30.11
🎶 «Conciencia Sonora»
Viaxe de autocoñecemento a través do ioga, a meditación e música en directo.
📍 Mercado de Muros
🕔 18:00 – 20:00
📅 02.12
💡 «Proxectos Inspiradores: Economía Circular na Hostalaría»
Presentación de proxectos Turismo Slow e Hostelería #PorElClima.
📍 Antiga Fábrica de Sel
🕘 09:30 – 13:00
🔗 Máis info: murosconsciente.org
🌱 Ven participar e descubre como seguir creando un futuro sostible en comunidade!